BUNNYRANCH
BUNNYRANCH son a máis intensa banda de rock and roll de Portugal. Así de sinxelo.
Cunha mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans, é no directo onde o cuarteto de Coimbra demostra o por que do seu prestixio. Para que calquera escéptico volva crer no rock and roll.
BLACK PANDA
Chegados de proxectos como Nashgul, Sl´S3, Madame Germen ou Lascivos, os coruñeses BLACK PANDA aseguran ser “unha festa ao ritmo do rock and roll nun mundo de caos no que a gran atracción son as drogas e as carreiras ilegais de motos”. O certo é que a estrada e as poeiras do deserto son o escenario principal dos seus temas, curtos, hipercontudentes e megavitaminados. Despois de xirar por Francia, Alemaña, Dinamarca e Suecia e de publicar Tanque de 98 octanos (Trabuc, 2007), chegan con toda a súa brutalidade ao Rock en Costa. Vixía o retrovisor…
SIZO
Un power trío formado por catro tipos, unha voz, unha guitarra, unha batería eu un teclado Moog atronador e un dos mellores directos de Portugal. Navegando entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile, Sizo son un luxo que, segundo eles mesmos definen, “quere converterse nun manifesto contra a inercia que erga aos confusos e aos atontados”.
PANIKS
Volvendo ás raíces do rock, os PANIKS son unha banda de Barakaldo á que o virtuosismo individual lle importa pouco: cren máis no ritmo virxe, no son máis primitivo, nun bater de tambores no que a melodía foi derruída ata os cimentos. Compañeiros de escenario de luminarias como Iggy Pop, editaron discos como Panik kontroversy, Dead tapes ou Panik piknik.
DR. GRINGO
DR. GRINGO formouse a finais do 2007 con compoñentes de grandes grupos do rock galego como Rock-a-hulas, Phantom Keys, Miskatones, Clan Moriarty, Tombsones ou Los Feliz. Mesturan o rockabilly clásico dos cincuenta co psychobilly dos oitenta e os noventa, orientando as súas cancións ao novo século e transformándoas en puro rock and roll actual.





Abril 16, 2008 at 4:43 pm
[...] Tocan [...]