CHEGOU O DÍA!!!
Maio 30, 2008
Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo, mañá sábado no Rock en Costa 2008
O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa sétima edición con
dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca no cartel
A cita empezará ás nove da noite no campo da festa do Castiñeiriño, con entrada de balde
Santiago de Compostela, 30-5-2008. Despois de celebrada a fin de semana pasada a festa de presentación, todo está preparado para a sétima edición do ROCK EN COSTA 2008. Dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca conforman este ano o cartel do festival que organiza a Asociación Xurásica. Bunnyranch (Coimbra), Black Panda (A Coruña), Sizo (Porto), Paniks (Barakaldo) e Dr. Gringo (Santiago DC) actuarán de balde o próximo sábado, 31 de maio, no campo da festa do Castiñeiriño, en Compostela, Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo, nun evento que segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal.
Este ano, os protagonistas do Rock en Costa son BUNNYRANCH, a máis intensa banda de rock and roll de Portugal, coa súa mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans; os coruñeses BLACK PANDA, amantes dos motores, o rock desbocado e as guitarras decibélicas; os SIZO, unha banda do Porto que navega entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile; os PANIKS, de Barakaldo, unha banda de rock esquelético na que o virtuosismo individual é o que menos importa; e os composteláns DR. GRINGO, un combo compostelán de psychobilly formado por ex compoñentes de grandes grupos do rock galego. O Rock en Costa empezará ás nove da noite.
ROCK EN COSTA 2008
BLACK PANDA
BUNNYRANCH
LOS PANIKS
SIZO
DR.GRINGO
31 de maio, 21 horas. Campo da festa do Castiñeiriño, Compostela
Entrada de balde
myspace.com/rockencostafestival
rockencostafestival.wordpress.com
www.xurasica.com
Leave a Reply