O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa sétima edición con

dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca no cartel

 

A cita fíxase para o 31 de maio, no campo da festa do Castiñeiriño, con entrada de balde

 

Santiago de Compostela, 27-5-2008. Despois de celebrada a fin de semana pasada a festa de presentación, todo está preparado para o ROCK EN COSTA 2008. Dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca conforman este ano o cartel do festival que organiza a Asociación Xurásica. Bunnyranch (Coimbra), Black Panda (A Coruña), Sizo (Porto), Paniks (Barakaldo) e Dr. Gringo (Santiago DC) actuarán de balde o próximo sábado, 31 de maio, no campo da festa do Castiñeiriño, en Compostela, Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo, na sétima edición dun evento que segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal.

Este ano, os protagonistas do Rock en Costa son BUNNYRANCH, a máis intensa banda de rock and roll de Portugal, coa súa mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans; os coruñeses BLACK PANDA, amantes dos motores, o rock desbocado e as guitarras decibélicas; os SIZO, unha banda do Porto que navega entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile; os PANIKS, de Barakaldo, unha banda de rock esquelético na que o virtuosismo individual é o que menos importa; e os composteláns DR. GRINGO, un combo compostelán de psychobilly formado por ex compoñentes de grandes grupos do rock galego. O Rock en Costa empezará ás nove da noite.

                   ROCK EN COSTA 2008_______

 

BLACK PANDA

BUNNYRANCH

LOS PANIKS

SIZO

DR.GRINGO

 

31 de maio, 21 horas. Campo da festa do Castiñeiriño, Compostela

Entrada de balde

 

myspace.com/rockencostafestival

rockencostafestival.wordpress.com

www.xurasica.com

 

Leave a Reply