Santiago de Compostela, 19-5-2008. Dous grupos do Castiñeiriño, Samesugas e The Homens, serán os encargados de presentar nunha festa o próximo sábado 24 o festival Rock en Costa 2008, que se vai celebrar o 31 de maio no campo da festa deste barrio de Compostela. A presentación levarase a cabo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Aproveitando esta festa previa ao Rock en Costa, Samesugas e The Homens presentarán o EP compartido que veñen de editar os selos Lixo Urbano e Crack! Records, no que, ademais de incluír cancións novas, se versionean mutuamente. O concerto, con entrada de balde, empezará ás nove da noite.

 

                   ROCK EN COSTA 2008_______

 

BLACK PANDA

BUNNYRANCH

LOS PANIKS

SIZO

DR.GRINGO

 

31 de maio, 21 horas. Campo da festa do Castiñeiriño, Compostela

Entrada de balde

 

Festa de presentación:

SAMESUGAS

THE HOMENS

24 de maio, 21 horas. Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Compostela.

Entrada de balde.

 

myspace.com/rockencostafestival

rockencostafestival.wordpress.com

www.xurasica.com

 

Leave a Reply