O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa sétima edición con
dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca no cartel

A cita fíxase para o 31 de maio, no campo da festa do Castiñeiriño

Previamente, o día 24, Samesugas e The Homens actuarán nunha
festa de presentación no Centro Sociocultural do barrio

Santiago de Compostela, 23-4-2008. Dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca conforman este ano o cartel do Rock en Costa, que a Asociación Xurásica vén de pechar. Bunnyranch (Coimbra), Black Panda (A Coruña), Sizo (Porto), Paniks (Barakaldo) e Dr. Gringo (Santiago DC) actuarán o sábado 31 de maio no campo da festa do Castiñeiriño, en Compostela, Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo, na sétima edición dun evento que segue apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal.

Este ano, os protagonistas do Rock en Costa son BUNNYRANCH, a máis intensa banda de rock and roll de Portugal, coa súa mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans; os coruñeses BLACK PANDA, amantes dos motores, o rock desbocado e as guitarras decibélicas; os SIZO, unha banda do Porto que navega entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile; os PANIKS, de Barakaldo, unha banda de rock esquelético na que o virtuosismo individual é o que menos importa; e os composteláns DR. GRINGO, un combo compostelán de psychobilly formado por ex compoñentes de grandes grupos do rock galego. O Rock en Costa empezará ás nove da noite.

Na fin de semana previa, o sábado 24 de maio, dous grupos do barrio, SAMESUGAS e THE HOMENS, presentarán o festival no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. As dúas bandas veñen de editar un EP compartido no que, ademais de incluír cancións novas, se versionean mutuamente, un disco que aproveitarán para estrear nesta cita. O concerto, tamén de balde, empezará ás nove da noite.
                 

ROCK EN COSTA 2008

BLACK PANDA
BUNNYRANCH
LOS PANIKS
SIZO
DR.GRINGO

31 de maio, 21 horas. Campo da festa do Castiñeiriño, Compostela
Entrada de balde

Festa de presentación:
SAMESUGAS
THE HOMENS
24 de maio, 21 horas. Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Compostela.
Entrada de balde.

myspace.com/rockencostafestival
rockencostafestival.wordpress.com
www.xurasica.com

Despegamos!!!

Abril 16, 2008

Xa está aquí o Festival Rock en Costa 2008! Para esta sétima edición, que se celebrará o 31 de maio, desde a Asociación Xurásica temos preparado un cartel variado, contundente e cun nivelazo. Dous grupos galegos, dous portugueses e un vasco farán tremer, das nove da noite en diante, o campo da festa do Castiñeiriño, en Santiago DC.

Este ano, os protagonistas do Rock en Costa son BUNNYRANCH, a máis intensa banda de rock and roll de Portugal, coa súa mestura salvaxe de rockabilly, garage, country, soul e calquera música abrasiva que lles pase polas mans; os coruñeses BLACK PANDA, amantes dos motores, o rock desbocado e as guitarras decibélicas; os SIZO, unha banda do Porto que navega entre o blues e a electrónica, entre o rock e a música de baile; os PANIKS, de Barakaldo, unha banda de rock esquelético na que o virtuosismo individual é o que menos importa; e os composteláns DR. GRINGO, un combo de psychobilly formado por ex compoñentes de grandes grupos do rock galego.

Podedes coñecer mellor aos grupos no apartado “tocan” desta web.